Augustin Bea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Augustin Bea (Riedböhringen, 1881 - Roma, 1968) foi un cardeal da Igrexa Católica Romana. Estudou na súa localidade natal ata 1893 no que se traslada a Sasbach, posteriormente pasa a Costanza e Rastatt. En 1900 pasou a estudar teoloxía na Universidade de Freiburg im Breisgau e entrou como novicio na Compañía de Xesús. En 1906 estudou filosofía nos Países Baixos e en 1912 ordenouse sacerdote na Compañía de Xesús. Nomeado superior da residencia xesuíta de Aquisgrán. En 1917 foi nomeado profesor de eséxese bíblica do Colexio Ignaciano de Valkenburg (Países Baixos) e en 1921 provincial da provincia xesuita de Alemaña setentrional con sede en Múnic. En 1924 accedeu ao posto de director do Instituto de Altos Estudos Eclesiásticos da Compañía de Xesús en Roma e profesor de teoloxía bíblica na Universidade Gregoriana. Entre 1930 e 1949 foi reitor do Intstituto Pontifical Bíblico. En 1959 Xoán XXIII fíxoo cardeal e dende 1960 foi presidente do Secretariado para a Unión dos Cristiáns que posteriormente daría orixe ao Consello Pontificio para a Promoción da Unidade dos Cristiáns.