Axel Heiberg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A illa Axel Heiberg sitúase nas Illas da Raíña Isabel, en Nunavut, Canadá. A parte máis alta da illa cúbrea un glaciar. Atópase entre as coordenadas 78º e 81º N e só a habita o persoal dunha pequena estación científica.
É unha illa recortada por grandes fiordos, cun área total de 43.178 km². O punto máis alto é Outlook Peak, cunha altura de 2.211 m. O xeo e os glaciares cobren 14.733 km² da área total.
A illa foi descuberta por Otto Sverdrup en 1900, poñendolle o nome do consul noruego Axel Heiberg, que foi quen financiou a expedición. A exploración científica da illa comezou na década dos 50 do século XX.