Axum
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Axum é unha cidade de Tigrai, no norte de Etiopía, localízase na basa dos montes Adoua. Foi o centro do reino axumita, que apareceu na época de Xesús e declinou no século XII, as ruínas da antiga capital inclúen obeliscos monolíticos, estelas xigantescas, túmulos reais e antigos castelos. A Igrexa Ortodoxa Tewahido da Etiopia afirma que no templo da nosa señora María de Zión está a Arca da Alianza, cosiderada polos coptos a cidade máis sagrada de Etiopía e é un importante centro de peregrinacións. O 75% da poboación é copta, o resto son musulmáns e protestantes.