Bagamoyo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bagamoyo é unha cidade de Tanzania que se fundou a fins do século XVIII. Foi a capital da África Oriental Alemá, actualmente conta con 30.000 habitantes e é a capital do distrito de Bagamoyo.
[editar] Historia
A cinco quilómetros de Bagamoya permanecen as ruínas de Kaole, do século XIII no que se demostra a influencia do Islam na zona, ata o século XVIII Bagamoyo foi un pequeno centro comercial local, a fins dese século Magimba in Oman e a súa familia instálase na vila e impón taxas á poboación nativa e comercia co sal. Nas mediadas do século XIX Bagamoyo convértese nun porto exportador de marfil e escravos, aínda que oficialmnete o comercio de escravos finalizou en 1873 o comercio deles en Bagamoyo continuou ata o comezo do século seguinte.
En 1891 converteuse na capital da África Oriental Alemá, en 1915 os británicos atacaron a cidade ata que a gornición alemá se rendeu.