Bangja
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bangja de Corea (Toquio 1901 - Seúl 1989) foi unha princesa xaponesa, casada co xefe da casa real de Corea, Eun.
Naceu como princesa Nashimoto Masako de Xapón, filla do príncipe Morimasa Nashimoto. En 1920 casou co herdeiro á coroa coreana en Toquio. Dende 1963 vivía en Corea do Sur
Tivo dous fillos o príncipe Jin, envelenado durante unha visita a Corea cos seus pais en 1922 e o príncipe Gu, que se converteu en 29º xefe da casa real coreana á morte do seu pai en 1970