Bangui
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bangui é a capital da República Centroafricana, ten 684.190 habitantes (2005). Sede da Universidade de Bangui
A cidade localízase na ribeira norte do río Ubangui, preto dunha serie de rápidos que limitan o transporte dos produtos comerciais, na outra beira do río está a cidade de Zongo, xa na República Democrática do Congo.
[editar] Historia
A cidade fundouse en 1889 como capital da colonia francesa de Ubangui-Chari.