Barrán, Piñor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
IGREXA DE SAN XOÁN DE BARRÁN (XIII): é unha igrexa de nave única, sendo salientable a súa fachada de porta adintelada con pináculos ós lados sostida por pilastras. Sobre a porta, un gran óculo enche de luz o interior. A fachada está rematada por unha espadan dobre con balaustrada. O interior conta cun retábulo barroco de tres rúas separadas por columnas salomónicas de decoración vexetal no cal destacan as imaxes de S. Roque, S. Antonio e S. Francisco, contando tamén divesos obxectos de prata: un cáliz, unha cusodia e un incensario, todos do século XVIII, unha cruz parroquial barroca e un copón do século XIX. A data da que se ten referencia da súa construcción é do ano 1226.
FONTE DA IGREXA DE SAN XOÁN DE BARRÁN (1801): detrás da igrexa de Barrán atópase situada esta fonte ata a que se accede por un camiño de terra que hai detrás da nomeada igrexa. Trátase sunha fermosa fonte de pedra de forma rectangular feita de sillares graníticos e coroada cun frontón apuntado con tres pináculos: o central debía estar rematado cunha cruz, hoxe desaparecida, no pináculo da esquerda figura a inscripción "AÑO" e no da dereita "1801". A parte inferior da fonte conta cunha fornela na que aparecen as figuras de S. Xoán e Cristo (que porta nunha man a bola que representa o mundo) nunha curiosa disposición, pois é Cristo quen bautiza a S. Xoán. Enriba da fornela hai un escudo de pedra que representa unha man agarrando un cruceiro. Rodeando o escudo hai diversas inscripcións que compoñen o nome da persoa que mandou edificar a fonte "DON JOAQUÍN BARROS"