Bernardino Fernández de Velasco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bernardino Fernánde de Velasco (1783 - 1851), Duque de Frías e Conde de Peñaranda. Político, militar e diplomático español.
Ingresa no exército con 13 anos, e chega ao rango de tenente cando conta con 19. Destinado en Portugal co exército francés, desertou para unirse á resisitencia española durante a Guerra da Independencia Española. Co regreso de Fernando VII, e xa co grao de coronel, recomendoulle que xurara a Consitución de 1812 e que non fixera caso dos absolutistas.
Non será até 1820 cando regrese á vida política coa chegada do Trienio liberal como embaixador en Londres. Logo exíliase a Montpellier até que coa morte do rei consegue acceder as Cortes durante dous anos (1834 - 1836). Francisco Martínez de la Rosa envíao a París para conseguir a axuda dos franceses na Primeira Guerra Carlista.
No ano 1838 é nomeado senador pola Provincia de León. O 6 de setembro, foi nomeado Presidente do Consello de Ministros. Os seus intentos de reconciliación, obrigárono a dimitir o 8 de novembro. En 1845 regresa como senador vitalicio. E en 1847 ingresa na Real Academia Española.
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Narciso Heredia y Begines de los Ríos |
Bernardino Fernández de Velasco (1838-1838) |
Precede a: Evaristo Pérez de Castro |
Presidente do Goberno de España |