Bernardo Penabade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O profesor de instituto Bernardo Penabade Rei é o actual Presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL), un dos principais colectivos do reintegracionismo galego. Penabade naceu nas Grañas do Sor (Mañón) en 1964. É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade dá clases de lingua e literatura galegas no IES "Perdouro" de Burela.
Dende 1983 é membro da Associaçom Galega da Língua e a partir de xullo de 2001 o seu presidente. Co seu acceso á presidencia rompeuse unha traxectoria máis escura e culturalista da AGAL e deu o grupo reintegracionista pasos na súa dimensión pública, como a participación na constitución da Assembleia da Língua, ensaio de plataforma de traballo conxunto de todos os grupos reintegracionistas, ou como a inauguración dun local de seu.