Bernasconi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bernasconi é un municipio da provincia da Pampa na Arxentina. A súa poboación é de 1781 habitantes.
A zona habitábana orixinalmente indios pampas, arredor de 1880 comezan a asentarse poboación de orixe europea procedente doutras zonas da Arxentina, aínda que 1888 é a data oficial da súa fundación. En 1891 chegou o ferrocaril á localidade, que viu amentar a súa poboación. En 1909 emigrou unha colonia xudía de 1400 persoas ao municipio. O municipio conta cunha emisora de radio de FM e en 1925 fundouse o primeiro semanario, La Voz del Sur. O instituto de educación secundaria data de 1960.
Entre 1896 e 1900 viviu neste municipio, en Cruz Colorada, Castelao, onde seu pai rexentaba unha pulpería.