Billón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En Europa e gran parte de América Latina, un billón equivale a un millón de millóns, ou 1012.
Nos Estados Unidos e no Brasil, toma o significado de mil millóns, ou 109. É o que se entende en gran parte de Europa como millardo.
Acostúmanse cometer erros ó traducir artigos do inglés ou portugués a outros idiomas. Incluso un británico pode non saber se un texto en inglés fala de "mil millóns" ou un "millón de millóns". O mesmo erro de comprensión surxe cando se fala de números máis elevados.
Un billonario é un individuo que posúe unha fortuna accesible de ó menos un billón dalgunha divisa (normalmente, o dólares).