Bouzas, Vigo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Miguel de Bouzas é unha parroquia do concello de Vigo.
- Ten 1 entidade de poboación e aproximadamente 5.000 veciños (2003)
É unha das parroquias más antiguas e tamén máis grandes. Nela atópase o porto pesqueiro e numerosos astaleiros. A igrexa parroquial foi construída encol dunha rocha no século XVI e reedificada no XVII. Segundo algúns historiadores, o cruceiro vello (construído no 1802) marca do lugar onde naceu a vila. Consérvanse numerosas casas nobres, que reflicten a puxanza de Bouzas no pasado. Foi o corazón mariñeiro de Vigo. No 1501 o bispo de Tui concedeulle o dereito de ter alfolín, depósito de sal, e de carga e descarga de mercadorías. Na parroquia sitúanse os estaleiros industriais, o Liceo Marítimo de Bouzas e o Centro Tecnolóxico do Mar. Bouzas foi un concello independente ata 1904.
Lugares da parroquia de Bouzas no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra | |
---|---|
Bouzas |