Cámara réflex
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha cámara fotográfica réflex é aquela na cal a imaxe que ve o fotógrafo a través do visor é exactamente a mesma ca que quedará capturada. Iso conséguese mediante un cristal cortado en forma de prisma (unha forma similar a unha pirámide), e que está situado entre dous espellos. Á súa vez hai un espello detrás do obxectivo.
Mentres o fotógrafo esta observando a imaxe polo visor, esta penetra polo obxectivo, e é reflectida cara a arriba polo espello que se encontra detrás do obxectivo. Alí está situado o prisma cos outros dos espellos. A imaxe atravesa o prisma e o primeiro espello a reflicte cara ó segundo, e este cara ó visor. Se en lugar de haber un prisma con dous espellos houbese un só espello, que reflectise directamente a imaxe procedente do espello situado detrás do obxectivo cara ó visor, o fotógrafo vería a imaxe invertida.
No momento de disparar para realizar a foto, o espello que se encontra detrás do obxectivo se levanta e deixa pasar a imaxe cara á película, ou o sensor no caso da fotografía dixital. Despois da toma, o espello volve á súa posición, de maneira que o fotógrafo só percibe unha interrupción moi breve da visión que ten da imaxe.
A vantaxe das cámaras réflex consiste principalmente en que o fotógrafo ve a imaxe da mesma forma que será captada pola cámara ó disparar. Incluso pode ver a profundidade de campo da toma antes de realizala. As cámaras réflex son as idóneas para cambiar os obxectivos, xa que o fotógrafo verá sempre a imaxe da forma que aparecerá na foto, sexa cal sexa o obxectivo que utilice.
[editar] Inconvenientes
Aínda que son múltiplas as vantaxes que teñen as cámaras réflex, salientamos dous inconvenientes:
- As cámaras réflex son máis voluminosas e pesadas que as cámaras compactas.
- Outro inconveniente, para os fotógrafos afeccionados, é que, no caso das réflex dixitais, a foto ren que ser encadrada mediante o visor. A pantalla só serve para revisar o resultado
[editar] Enlaces exteriores
- Como usar unha cámara réflex en inglés