Cabicha
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Resto dos pitos cando xa están case totalmente fumados, incluíndo o filtro e parte do tabaco. Son moi nocivos para o medio natural, pois o algodón está impregnado de nicotina e alcatrán e xa non é biodegradable. Na norma de tráfico da DXT que entrou en vigor en xullo de 2006 quítanse catro puntos cando se botan cabichas pola xanela dos automóbiles, debido á súa perigosidade na creación de lumes forestais.