Candeán, Vigo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Cristovo de Candeán é unha parroquia do concello de Vigo.
- Limita cas parroquias de Cabral, Lavadores, San Paio e Teis e pertence ó arciprestazgo de Vigo-Lavadores.
- Ten 12 entidades de poboación, 8 lugares e 4.699 veciños (2003)
- As súas entidades de poboazón son as seguintes: Besada (17), Candeán de Arriba (599), A Devesa (904), A Fonte Escura (1.254), Freiría (91), Goleta (59), Hermide (94), A Igrexa (436), Monte Pequeno (326), Parachán (369), A Rabadeira (485) e O Salgueiro (65).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades): Candeán de Abaixo, A Costeira, A Fonte Barca, A Lagoa, A Madroa, Pedra Longa, A Poba e Xunco Mariño.
Conserva pegadas de asentamentos prehistóricos, coma petroglifos e dolmens. Existen restos dunha vella construción medieval defensiva que os veciños chaman "Da Torre". A igrexa de San Cristovo foi construída a comezos do século XIX. No cemiterio atópase un dos dous cruceiros da parroquia, construído probabelmente no 1887. Nas abas da Madroa atópanse un monumental dolmen coñecido coma "Casa dos Mouros", o zoolóxico de Vigo (único de Galiza con máis de 600 animais) e as instalacións deportivas auxiliares do Real Club Celta. O segundo domingo de setembro celébrase a Festa dos Pexegos.
Lugares da parroquia de Candeán no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra | |
---|---|
Besada | Candeán de Arriba | Devesa, A | Fonte Escura, A | Freiría | Goleta | Hermide | Igrexa, A | Monte Pequeno | Parachán | Rabadeira, A | Salgueiro, O |