Candlebox
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Candlebox | |
---|---|
{{{caption}}} |
|
Orixe | Seattle |
País | Estados Unidos |
Período | 1991-2000 |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) discográfico(s) | |
Membros | Kevin Martin Peter Klett Bardi Martin Scott Mercado |
Antigos membros | Dave Krusen Rob Reddick Shannon Larkin |
Web oficial |
Candlebox foi unha banda de rock formada en Seattle no ano 1991 e desaparecida no 2000.
Candlebox apareceu en medio do auxe do grunge e conquistou o seu propio espazo cunha música fortemente influenciada por Led Zeppelin e o rock dos anos 70, pero cun son semellante ao de bandas como Pearl Jam, Soundgarden e Alice in Chains.
Índice |
[editar] Biografía
Candlebox formouse en maio de 1991 cando Kevin Martin (voz) e Scott Mercado (batería) resolveron formar a súaa propia banda xunto co baixista Perry Alferness. Eles estiveron sen guitarrista ata que un amigo suxeríulles a Peter Klett. As cousas andaron rápido, Peter trouxo a base para "Pull Away", "Change", e "Don't You", que serían as primeiras composicións da banda. Nos ensaios seguintes, o baixista Perry é despedido e Peter pasa a ensaiar con máis frecuencia ata entrar definitamente na banda en novembro de 1991. No mes seguinte, a banda consegue un baixista definitivo, Bardi Martin, que estudara no mesmo colexio que Kevin Martin. Bardi ensaiou algunhas veces e construíu a liña de baixo de "You" e "Far Behind". Naquela época, a banda aínda non tiña un nome definitivo. Na procura dun nome, eles chegan ata unha canción da banda Midnight Oil, chamada "Tin Legs and Tin Mines", onde unha parte da letra dicía "boxed in like candles", cun pequeno xogo de palabras, estaba decidido que o nome da banda sería Candlebox.
Nun principio Candlebox tivo algunha dificuldade para conseguir destacar na concorrida escena de Seattle. Os espazos para tocar en clubes eran moi disputados. A banda e o seu primeiro manager, Chris Banks, venderon algunhas pertenzas persoais para conseguir cartos para gravar a primeira demo en estudio coa intención de gañar máis divulgación a partir daquela gravación. Os resultados foron bastante positivos, e de seguida a banda pasou a facer concertos con frecuencia. En pouco tempo, todas as copias dispoñibles da cinta demo vendéronse nas tendas locais e algunhas copias chamaron a atención de representantes de discográficas, que pasaron a asediar a banda.
Esa disputa das discográficas por Candlebox foi moi positiva para a banda, que vía aumentar as oportunidades de gañar exposición, pero por outra banda, geraba a crítica dalgúns setores de que Candlebox estaría tentando aproveitarse do grunge, ao seguir o estilo en busca do éxito. Sen embargo os seus integrantes sempre afirmaron en entrevistas que non se consideraban unha banda grunge. Todos os membros de Candlebox eran da rexión de Seattle, en contra de informacións que circularon na prensa da época, que dicían que a banda formárase en Los Angeles e mudouse para Seattle.
[editar] O primeiro disco e a conquista das listas
Aínda en 1992, a banda acabou asinando un contrato coa discográfica Maverick Records (de propiedade de Madonna en sociedade coa Warner Music), e inmediatamente entrou no estudio para gravar o seu primeiro álbum coa axuda do produtor e amigo Kelly Gray. Dúas das cancións da cinta demo entraron no CD, "You" e "Far Behind". O primeiro lanzamento da banda foi o sinxelo "Change" en xuño de 1993, que foi tamén o primeiro videoclip, gravado en Portland. O álbum, autotitulado Candlebox chegou ás tendas en xullo de 1993, recibindo críticas bastante divididas.
Sen embargo, como Candlebox fora unha das primeiras contratacións da dicográfica Maverick, a banda conseguíu asegurar unha boa divulgación para o seu traballo, e coa axuda do segundo sinxelo, "You", en outubro de 1993, a vendas do disco alcanzaron as 500.000 copias. Co lanzamento da balada "Far Behind", en febreiro de 1994, Candlebox chegou á súa cima, o álbum gañou disco de platino (1 millón de copias) e o videoclip estivo tres semanas consecutivas no primeiro lugar da MTV.
Foi lanzado outro sinxelo máis do álbum Candlebox, outra balada, "Cover Me", que tamén tivo bastante éxito. En medio deste éxito repentino, Candlebox tocou en xiras con bandas do calibre de Rush e Metallica, aparte de participar do festival Woodstock '94, sendo a única banda do festival que naquel momento estaba entre as dez máis vendidos na lista da Billboard. Ao final de 1994, o disco Candlebox chegaba á marca de 3 millóns de copias vendidas.
[editar] Membros
- Kevin Martin: voz e guitarra
- Peter Klett: guitarra
- Bardi Martin: baixo (1991-1999, 2006-)
- Scott Mercado: batería (1991-1997, 2006-)
- Dave Krusen: batería (1997-1999)
- Shannon Larkin: batería (1999-2000)
- Rob Reddick: baixo (1999-2000)