Capitán Carreró
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O capitán Carreró, Antonio Carreró Vergés, foi o militar que na Porta do Sol de Vigo leu un bando que declaraba o estado de guerra o 18 de xullo de 1936, o día en que estoupou a Guerra Civil Española. Morreu na fronte de Asturias o 27 de setembro dese ano. A súa comunicación valeulle que aquel lugar fose rebautizado co seu nome, inutilmente porque a maioría da poboación local lle seguía chamando co nome orixinal. Outros cargos seus naquela época foron:
- Alcalde, daquela chamado Xestor Presidente: José Giménez García inicialmente e de seguida Estanislao Durán Gómez. A cidade contaba daquela con 73.566 habitantes e con Lavadores xuntaban case 110.000. Ó rematar a Guerra Civil, sería Luis Suárez-Llanos, que gobernaría a 85.272 vigueses e 38.462 de Lavadores antes da incorporación do primeiro no segundo e 135.327 cidadáns xa en 1941;
- Gobernador Civil da provincia de Pontevedra: Francisco García Alted;
- Comandante Militar: Felipe Sánchez, alcumado Capillitas, por que consideraba as diverxencias políticas entre a dereita coma capeliñas e que o que había que facer era dejarse de capillitas y construir una gran catedral, ademais de ridiculizar a súa curta estatura. Co seu nome pretendeu bautizarse a Avenida do Areal. O seu cargo na fin da Guerra Civil era levado por Miguel Cuervo, Coronel Xefe da 82 División;
- Xefe provincial do Movemento e Conselleiro Nacional da FET y de las JONS: Jesús Suevos;