Carlos Mantilla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carlos Mantilla Rodríguez (10 de xullo de 1944 en Sober) é un político galego.
Licenciado en ciencias económicas, é censor auditor de contas, militante do Partido Popular de Galicia, foi vicepresidente da Deputación de Pontevedra (1987-1991), presidente do Partido Popular en Vigo (1987-1991) senador pola provincia de Pontevedra (1989-1993) e deputado no Congreso dos Deputados (1993-)