Castelo de Santo Antón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Situación
O Castelo de Santo Antón sitúase na cidade da Coruña, provincia da Coruña.
[editar] Descrición
Trátase dunha fortaleza construída no século XVI na entrada da baía da Coruña.
[editar] Historia
Dos séculos XVI ao XVIII foi un edificio defensivo e prisión, máis tarde foi empregado como lazareto para illar os mariñeiros que chegaban á cidade afectados dalgunha enfermidade infeciosa. En 1994 foi declarado monumento histórico-artístico.
[editar] Situación actual
Dende o ano 1968 alberga o Museo arqueolóxico e histórico da Coruña. O concello alúgao para recepcións, congresos, etc.