Castiñeiro de Pumbariños
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O castiñeiro de Pumbariños é a arbore de maior perímetro de Galiza (12,15 m) e acada arredor dos 500 anos. Está situado no Souto de Rozavales, no lugar de Rozavales da parroquia de San Martiño de Manzaneda, en Manzaneda.
Foi declarado Monumento Natural por a Xunta de Galiza no ano 1995, ampliándose a declaración a todo o Souto de Rozavales no ano 2000.