Cataluña do Norte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Cataluña do Norte, ou Cataluña Norte, é a parte do Estado francés histórica e culturalmente catalá cedida en virtude do Tratado dos Pireneos no ano 1656. A capital é Perpinyà (con máis de cen mil habitantes).
Fórmaa o departamento francés número 66 chamado Pireneos Orientais, que inclúe tamén unha bisbarra de lingua occitana: a Fenolleda.
Historica e xeograficamente Cataluña do norte está formada polas comarcas do Rosselló (a plana), o Capcir, o Conflent, o Vallespir e a parte norte da Cerdanya, que recibe o nome de Alta Cerdanya.