Catalunya Lliure
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Catalunya Lliure foi un partido político independentista catalán que se fundou en 1989 como unha coalición electoral entre o Moviment de Defensa de la Terra-PSAN e o Front Nacional de Catalunya para participar nas eleccións europeas dese ano, conseguiu 19.586 votos e a fins dese ano converteuse en partido político que defendía a unificación de toda Cataluña, ó pobo traballador catalán e a defensa lexítima de tódalas formas de loita. Os seus líderes foron Josep Guia, Salvador Balcells e Jordi Moners.
No ano 1991 publicou un anteproxecto de Constitución para Cataluña que se vai constituír no referente da súa actuación política, a fins dese ano unha parte importante da militancia, entre os que está o líder no Rosellón (ou Cataluña Norte), Jordi Vera, entra en ERC e ó ano seguinte CL acaba disolvéndose.