Central térmica das Pontes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Central Térmica das Pontes é unha central térmica de carbón situada no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), pertencente á empresa eléctrica ENDESA. Construíuse e púxose en funcionamento entre os anos 1972 e 1976. Consta de catro grupos de xeración de enerxía de 350 MW cada un, os cales se agruparon nun só grupo de 1400 MW entre os anos 1976 e 1979.
Orixinalmente deseñada para consumir exclusivamente o lignito local extraído da mina, a central foi adaptada entre os anos 1993 e 1996 para consumir unha mestura de lignito e carbón de importación en proporcións do 50%-50%.
O parque de carbóns da central ocupa unha superficie de 10 Ha, o equivalente a 12 campos de fútbol. A súa capacidade de almaceamento é de 250.000 toneladas.
A cheminea da central ten unha altura de 356 m, cun diámetro na base de 36 m e 18 m no pico, sendo unha infraestrutura única no mundo. Aparece no Libro Guinness dos Records como a cheminea de maior volume de todo o mundo.
A planta de tratamento de efluentes líquidos (Planta T.E.L.) depura a auga procedente da mina, da escombreira, da central e do parque de carbóns. A planta está deseñada para tratar caudais de auga que poden oscilar entre 0,45 e 30 m3/s.
Actualmente a central está sufrindo un proceso de adaptación a un ciclo combinado gas-carbón de 800 MW de potencia, debido ao fin da extracción do lignito na mina local e aos baixos beneficios do uso de carbón importado.
Índice |
[editar] Datos Técnicos
[editar] Xerador de vapor
- Fabricante: Foster Wheeler Corporation
- Circulación natural, tipo torre
- Combustión tanxencial
- Produción de vapor: 1.091 Tn/h
- Presión do calderín: 183 kg/cm2
- Temperatura vapor sobrequentado: 540 º
- Presión vapor requentado: 40,5 kg/cm2
- Temperatura vapor requentado: 540 ºC
[editar] Turbina
- Fabricante: Mitsubishi Heavy Industries
- Potencia: 350 MW
- Velocidade: 3000 r.p.m.
- Presión vapor sobrequentado: 169 kg/cm2
- Presión de escape: 0,069 kg/cm2
- Temperatura vapor sobrequentado: 538 ºC
- Temperatura vapor requentado: 538 ºC
[editar] Alternador
- Fabricante: Westinghouse
- Potencia nominal: 369 MVA
- Potencia activa nominal: 350 MW
- Intensidade nominal: 11.836 A
- Tensión nominal: 18 kV
- Factor de potencia: 0,95
- Refrixerado por hidróxeno: 4,22 kg/cm2
- Excitatriz: tipo brushless