Centro Democrático Liberal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Centro Democrático Liberal é un partido centrista de ámbito español.
O Centro Democrático y Social decidiu no seu XI Congreso Nacional (novembro de 2005) integrarse no Partido Popular pero un sector do CDS descontento con esta decisión decidiu contestar esta decisión e constituiu formalmente o 14 de febreiro de 2006 o novo partido que pretende aglutinar o voto centrista e que segundo fontes internas conta con 400 militantes e 40 concelleiros.Tras a celebración do seu I Congreso Nacional o 21 de maio elixiu a Ignacio Expósito Rego secretario xeral, presidente a Víctor Sarto e vicepresidente a Víctor Rufo.
[editar] Galicia
O CDL de Galicia está dirixido por Ignacio Expósito Rego, e é a agrupación máis importantes do CDL, xa que segundo fontes internas conta con 250 militantes, e nas vindeiras eleccións municipais de 2006 ten previsto presentar 12 candidaturas.