Charles Glover Barkla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Charles Glover Barkla (Widnes 1877 – Edimburgo 1944) foi un físico británico.
Estudou en Liverpool. En 1913, logo de traballar nas universidades de Cambridge, Liverpool e o King's College de Londres, entrou como profesor de filosofía natural na Universidade de Edimburgo.
As súas primeiras investigacións tiveron por obxecto o estudo da relación existente entre o peso atómico dun elemento e a súa capacidade de absorción de raios X e investigou a radiación secundaria dos elementos expostos aos raios X, desenvolvendo as leis que regulan a difusión dos raios X.
Polas súas investigacións recibiu o Premio Nobel de Física de 1917.