Chat
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Conversa a traverso da rede. Dentro da lingüística que estuda os xénero discursivos, tradicionalmente facíase a clasificación entre xéneros orais e escritos. Coa aparición do chat, a claridade desta distinción rompeuse: o chat transmítese obviamente coma medio escrito pero ten certas características comúns coa oralidade:
- baixa planificación;
- instantaneidade;
- bidireccionalidade;
Os futuros estudos de semiótica deberán incorporar ó chat nas súas interpretacións para poder facer un balance global dos medios de comunicación humanos, e a súa análise permitirá coñecer novos límites do ser humano. Algúns artigos que abordan dende perspectiva antropolóxica o fenómeno chat son:
- Género confuso: género chat, Artigo de Joan Mayans
- El Chat y el Messenger: instrumentos de entrenamiento en comunicación para tiempos de incertidumbre y baja atención, Artigo de Roberto Balaguer
- Mundos Reais, Mundos Virtuais. Os Jovens nas salas de chat, Artigo de Adelina Silva.