Chirimía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A chirimía ou flageolet é unha pequena frauta aguda con embocadura de asubío e seis furados. Tócase como a frauta doce. Este instrumento descende da antigua frauta de bisel, chamada así porque a embocadura dirixe o aire contra un borde afiado ou bisel.
Nos séculos XVII a XIX foi considerada un xoguete. Porén, Johann Sebastian Bach e Georg Friedrich Händel usárana na orquestra barroca e en Francia tocábase en contradanzas e outros bailes. Hoxe é un dos instrumentos folclóricos máis importantes da música irlandesa.