Chivi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Biografía
José Francisco Córdoba, máis coñecido como El Chivi (pornoautor), é un cantautor saido da escola de Los Calasancios en Madrid (España). Naceu o 13 de xaneiro de 1977 na cidade de Madrid. Dende moi novo, seguiu a obra dos grandes cantautores da época e baixo o seu influxo, empezou a compoñer as súas primeiras cancións en 1995. Aquelas letras das súas orixes eran moi diferentes ás de hoxe en día; falaban de amor, desamor e as súas vivencias de eterno adolescente.