Chris Cornell
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Christopher Cornell (nacido o 20 de xullo de 1964) é un guitarrista, cantante e compositor coñecido sobre todo por se o vocalista de bandas como Soundgarden e Audioslave. Comezou a súa carreira musical como batería, antes de convertirse en vocalista e guitarrista.
[editar] Biografía
[editar] Infancia
Cornell naceu e vivíu a súa infancia en Seattle, Washington. Os seus pais, de relixión católica irlandesa, son Ed Boyle (farmacéutico) e Karen Cornell (contable). O apelido de Chris era Boyle, pero despois do divorcio dos seus pais, el e os seus irmáns adoptaron o apelido de solteira da súa nai. Chris sufríu dun caso severo de depresión durante a súa adolescencia, cando só en raras ocasións saía de casa. Chegou ao punto de non saír desta durante case un ano completo, no que se dedicou a tocar a batería e a guitarra.