Citoaférese
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A citaférese é unha combinación de plasmaférese, eritroaférese e plaquetoaférese (é dicir, é unha doazón onde se extraen plaquetas, plasma e glóbulos vermellos) e que permite a obtención dunha pequena cantidade dos tres compoñentes do sangue separadamente pero nun mesmo proceso. Este sistema permite evitar que se someta o sangue ó labor de fraccionamento (mediante centrifugación posterior) dos seus compoñentes e neste proceso obtense unha maior cantidade de plaquetas en comparación cunha doazón convencional. Os compoñentes do sangue proveñen dun só doador e por iso garántese unha maior calidade transfusional. A frecuencia de doazón mediante citaférese é a mesma que na doazón convencional: catro veces anuais para o home e tres veces anuais para as mulleres.