Clasicismo romántico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Clasicismo Romántico, é un movemento arquitectónico, que pode incluirse dentro do Neoclasicismo, que data de finais do século XVIII e metade do século XIX.
É unha arquitectura burguesa, a buguesía por primeira vez ten real importancia, pois a partir da Revolución Francesa, os burgueses conseguirán poder político con Parlamento e a Cámara dos Comúns. A muller comeza a ter importancia, e tamén é salientabel o dereito ao voto, inda que soamente os ricos son os que o poden exercer.
Os burgueses son os que encargan esta arquitectura.
O clasicismo romántico diferenciase do Neoclasicismo no seu carácter doméstico. Son edificios máis pequenos, onde o máis importante é o "comfort", o benestar, que é xusto o que valora a burguesía. Os arquitectos románticos sométense máis á cidade que os "neoclásicos normais", os románticos teñen máis en conta a cidade.
[editar] Principais arquitectos:
- John Soane.
- John Nash.
- Pierre-François Léonard Fontaine.
- Charles Percier.
- Durand.
- Van Klenze.
- Schinkel.