Climograma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Gráfico que representa temperaturas e precipitacións correspondentes a unha estación metereolóxica nun ciclo anual. Os datos soen ser medias mensuais e normalizadas (medias de observacións de 15 anos ou máis) e represéntase a evolución destas ó longo dos doce meses do ano. Normalmente representanse as temperaturas cun gráfico liñal e as precipitacións con barras. É un gráfico moi sinxelo e que permite estudar as características básicas do clima dun lugar. Resulta moi práctico representar a escala das precipitacións ó dobre das temperaturas (sempre que non teñamos uns valores moi elevados de precipitacións), deste xeito os meses en que se produce aridez, que según o índice de Gaussen son aqueles nos que a precipitación é inferior ó dobre das temperaturas, vense moi claramente, xa que as barras das precipitacións van por baixo da curva de temperaturas. Delimitar os meses áridos é moi útil para o estudo das características dun clima.
A análise dun climograma debe permitir deducir a localización climática do lugar ó que se refire. O proceso de interpretación dun climograma pode ser o seguinte:
- Primeiramente, observando a estación seca, percíbese cal é o hemisferio en que está o espazo referido.
- Aténdese á temperatura:
- Dedúcese a temperatura media anual?
- Diferencia de temperatura entre o mes máis cálido e o máis seco?
- Diferencia de temperatura entre verán e inverno?
- Aténdese á precipitación:
- Dedúcese a precipitación total anual
- Dedúcese a precipitación total por estación
- ¿Hai estación seca?