Coñecemento procedemental
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En psicoloxía cognitiva, o coñecemento procedemental é unha das dúas maneiras en que se almacena a información na memoria a longo prazo. O coñecemento procedemental é o coñecemento relacionado con cousas que sabemos facer pero que non conscientemente, como por exemplo "montar en bici" ou "falar a nosa lingua".
O coñecemento procedemental adquírese gradualmente através da práctica e é o alicerce da aprendizaxe das destrezas.