Cobol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A linguaxe COBOL (acrónimo de "COmmon Business Oriented Language") naceu co propósito de crear unha linguaxe de programación que puidera ser empregada en calquera ordenador (na década dos 60 ´convivían moitos sistemas incompatibles) e que estivera orientada á informática de xestión.
Na creación desta linguaxe tivo un papel fundamental a comisión CODASYL, composta por fabricantes de ordenadores, usuarios e o Departamento de Defensa dos Estados Unidos de América. O primeiro prototipo naceu en 1960 denominándose COBOL-60. Evolucionou rápidamente e foi revisado en 1961 a 1965.
No ano 1968 publicouse a primeira versión ANSI, e sufriría varias revisións nos anos 1974 (COBOL ANS-74), 1985 (COBOL ANS-85), e no 2002 (COBOL ANS-2002).
COBOL foi unha linguaxe moi importante durante varias décadas, pero agora non se emprega máis que en sistemas vellos.
Coa chegada da programación orientada a obxectos, existen intentos de dar ao COBOL dita funcionalidade, conseguíndose que se prolongue o seu uso. Outras compañías tentan adaptalo á programación visual, en sistemas operativos como Windows.
[editar] Ligazóns externas
- COBOL Standards - Páxina sobre os estándares de COBOL.
- COBOL User Groups (COBUG)