Talk:Cobra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para Jurliki -contéstoche aquí porque non che vexo páxina de usuario-:
Non fagas a diferenciación entre cobra e serpe como fai o español, porque as linguas non coinciden sempre. Olla: Cobra é a denominación de todos os réptiles da familia colúbridos (acepción primeira), aínda que tamén se pode entender o termo máis restrinxidamente e só referírmonos ás serpes da familia dos elápidos, moi velenosas, propio de rexións cálidas (acepción segunda).
Podemos escoitar os vellos como falan e empregan cobra para todo, e tamén podes usar outra referencia importante: o portugués. Mais nada, un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 07:14, 27 setembro 2006 (UTC)