Coeducación
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A coeducación é a educación mixta, é dicir, unha educación na que –polo menos organizativamente- non se ten en conta o xénero. Tivo un rápido avance nos últimos decenios, en parte debido á suposición de que ese modelo podía facilitar a igualdade de oportunidades; sen embargo, aínda coas súas vantaxes, o esquecemento das diferencias de xénero supuxo aspectos negativos.
A coeducación coñécese como educación mixta (coeducation) en países anglosaxóns, pero en países como en España, a coeducación é un termo que fai referencia á educación na igualdade de xénero. En países anglosaxóns refírese unicamente á mestura de homes e mulleres en institucións educativas, sen dar ningunha connotación no tipo de educación que reciben.
Sen embargo o termo coeducación en España, refírese á educación na igualdade de xénero en todos os aspectos da vida, sen necesariamente referirse a unha educación na que @s destinatari@s sexan dun xénero ou outro.