Compás de amálgama
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En música, fálase de compás de amálgama, cando se suman dous ou máis compases diferentes.
[editar] Música contemporánea
Este recurso volveuse moi habitual na música académica contemporánea desde a soada Consagración da primavera de Ígor Stravinski, a cal é unha xigantesca amálgama de métricas, inusuais ata ese momento.
[editar] Música popular
Na música popular as amálgamas son moito menos frecuentes, aínda que tamén hai coñecidos exemplos. Boas mostras son All you need is love ou Happiness is a warm gun de Os Beatles, ou Solsbury Hill de Peter Gabriel, onde se emprega a amálgama 4/4 3/4, nesta última en toda a canción. Outra posibilidade é poñer primeiro o compás de 3: 3/4 4/4, deste xeito xérase unha diferenza no lugar onde se apoian os tempos fortes.
Outro compás de amálgama moi común é o 2/4 3/4, ou 3/4 2/4, que se usa nalgunha música folclórica de Europa Oriental (tamén Peter Gabriel ten algunhas cancións nese compás de 5/4).
[editar] Ejecución musical
A suma de 3/4 e 4/4 dá un compás de 7/4, pero os musicólogos prefiren falar de compases de amálgama e non directamente de compás de 7/4, xa que ao músico executante fáiselle máis doado ter presente onde "caen" os tempos fortes (1-2-3-1-2-3-4, 1-2-3-1-2-3-4, cousa que non se pode dilucidar co mero nome de 7.