Comunicación, función da linguaxe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A función da linguaxe considerada comunmente como primordial é a comunicativa. A palabra comunicación provén do latín communicare, que significa ‘tornar común’, ‘trocar ou asociar opinións’, ‘conferenciar’.
Comunicarse, significa polo tanto, estar en relación con; representa a acción de pór en común, de compartir ideas, sentimentos, actitudes. É un intercambio de experiencias socialmente significativo, un esforzo para a converxencia de perspectivas. A comunicación é a resposta dun ser vivo a un estímulo. Se o estímulo é ignorado polo individuo, non hai comunicación, pois a mensaxe sen resposta non pode considerarse un acto comunicativo. Polo tanto, a comunicación implica a participación dun emisor e un receptor que interaccionan intercambiando mensaxes, emitindo e recibindo información.
Función comunicativa: considérase como base para o desenvolvemento lingüístico. A linguaxe posibilita a integración do suxeito no medio social; é o vehículo regulador de comportamentos, relacións afectivas e sociais así como soporte de regras culturais.
Ligazóns recomendadas