Wikipedia:Como contactar con outros usuarios
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A comunicación entre os colaboradores da Galipedia favorece a boa marcha do proxecto. Aqueles que levamos máis tempo traballando no Wiki, non só agradecemos e estamos en disposición de apoiar a calquera dos nosos compañeiros, senón que percibimos como un excelente indicio de interese e responsabilidade que un novo usuario se poña en contacto con nós persoalmente ou responda as mensaxes que lle enviamos. Os seguintes apuntamentos están destinados a facilitar ese contacto.
[editar] Contactar na Taberna
Tamén é posible facer preguntas ou observacións na Taberna. O procedemento é sinxelo:
-
-
- Accede a Wikipedia:A Taberna
- Preme enriba da lapela editar (na parte superior da páxina)
- Vai ó final da páxina e escribe o contido que desexes.
- Ó rematares de escribir, asina facendo click no penúltimo botón que está por riba da barra de edición (ten unha sinatura por debuxo)
- Garda os cambios que realizaches premendo en Gardar á páxina
-
[editar] Contactar cun usuario
Tódolos usuarios teñen unha páxina persoal (User:Nome de usuario) e unha páxina de discusión (User talk:Nome de usuario) para que os demais usuarios se dirixan a el. O procedemento para contactar persoalmente con outro usuario, pode realizarse de diversos xeitos.
-
- 1. Accede á páxina de discusión do usuario:
-
- Se sabes o nome de usuario co que desexas contactar, podes facer unha busca escribindo na caixa de procura User talk:Nome de usuario
- Se por un casual accedes á páxina de usuario (User:Nome de usuario) do usuario co que desexas contactar, repara en que, se premes na lapela discusión que está na parte superior da páxina, accedes á súa páxina de discusión.
- Facendo click na sinatura dos usuarios accederás ben á súa páxina de usuario,ben á súa páxina de discusión
-
- 2.Preme enriba da lapela editar (na parte superior da páxina)
- 3.Vai ó final da páxina e escribe o contido que desexes.
- 4.Ó rematares de escribir, asina facendo click no penúltimo botón que está por riba da barra de edición (ten unha sinatura por debuxo)
- 5.Garda os cambios que realizaches premendo en Gardar á páxina
- 1. Accede á páxina de discusión do usuario: