Cracker
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os crackers son aqueles que empregan os seus coñecementos técnicos para perturbar procesos informáticos (Haffner e Markoff, 1995). Temidos e criticados pola maioría dos hackers polo desprestixio que lles supón diante da opinión pública e as empresas, poden considerarse un subgrupo marxinal da comunidade de hackers.
Hai moi distintos tipos de crackers, pero non se considera entre eles a aqueles que penetran en ordenadores ou redes de forma ilegal para roubar: estes son ladrón de guante branco, unha vella tradición criminal.
Moitos crackers pertencen a categoría de script kiddies, e dicir, bromistas de mal gusto. Moitos deles son adolescentes que penetran sen autorización nos sistemas ou crean e difunden virus informáticos para sentir o seu poder, para medirse cos outros, para desafiar o mundo dos adultos e para chulear cos seu amigos ou cos seus referentes da rede.
A maioría deles teñen coñecementos técnicos limitados e non crean ningunha innovación, polo que en realidade son marxinais do mundo hacker. Outros crackers, mais sofisticados, penetran en sistemas informáticos para desafiar persoalmente os poderes establecidos, por exemplo a Microsoft ou as grandes empresas. E algúns empregan a súa capacidade tecnolóxica como forma de protesta social ou política, como expresión da súa crítica á orde establecida.
Estes son os que se introducen en sistemas militares, administración públicas, bancos ou empresas para reprocharlles algunha fechoría. Entre os ataques de crackers con motivación política hai que sitúar os practicados por movementos políticos ou por sevizos de intelixencia dos gobernos, como a guerra informática desenrolada entre países.