Cristina Pato
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cristina Pato (Ourense, 1980) foi a primeira gaiteira que sacou un disco en España e fíxoo á idade de 18 anos. O seu título foi Tolemia (1999). Tras este fito, Cristina participa nun Final do Milenio especial que se emite por varias televisións nacionais do mundo (TVE, BBC, CNN, entre outras) e participa en xiras con The Chieftains e Cherish The Ladies.
Aos 20 anos xa sacou o seu segundo disco en 2001 titulado Xilento (palabra procedente do barallete dos afiadores de Ourense), nome que significa famento e ambicioso . Neste disco aparecen novas versións de cancións como:
- Os teus ollos, coa colaboración de José Peixoto (do grupo portugués Madredeus)
- En o sagrado en Vigo (cantiga medieval de Martín Códax)
- Eu chorei, cun toque desenfadado