Cruceiro de Capeliña da Laxe Pequena
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
É máis fermoso exemplar emprazado na parroquia na Taragoña (A Coruña), no lugar da Laxe Pequena. Sostense nunha plataforma cadrangular de tres graos e de amplas dimensións. Ten fuste octogonal de grosa sección, con catro cunchas de vieira na súa zona alta. A capeliña moi ornamentada, está formada por: Unha base troncopiramidal invertida, dúas caras laterais, unha traseira e unha lousa de teito; a base porta tres querubíns en tres das catro caras, o lateral dereito posúe un baixorelevo de Santiago Apostol, o lateral esquerdo relevo de santo (probábelmente San Francisco), a traseira relevo de Cristo cos Cruz a costas e o teito simula unha bóveda de crucería rebaixada. No interior da capeliña hai unha imaxe da Virxen. Remata o conxunto coa cruz que é de sección octogonal, cos remates dos brazos florenzados e cun Cristo Crucificado ten as mans pechadas, pano de pureza anoado, leva coroa de espiñas e cartela de INRI. Este cruceiro debe de ser moi antigo, posíbelmente so século XVI.