Dólar americano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O dólar americano é a moeda oficial dos Estados Unidos dende 1785. A Reserva Federal é o órgano encargado da súa emisión. O seu símbolo é $, aínda que o código ISO 4217 para o dólar noteamericano é USD e o Fondo Monetario Internacional utiliza US$ . O dólar nortemaricano tamén é moeda oficial noutros países como O Salvador ou Ecuador.
O dólar emprégase como divisa internacional e nas transaccións internacionais de ouro ou petróleo. Dos 700.000 millóns de dólares en circulación en 2004 entre a metade e os dous terzos están fóra dos Estados Unidos.
[editar] Moedas e billetes
o dólar divídese en 100 cents (¢). Actualmente as fraccións menores ao dólar emítense en moedas que reciben diferentes nomes:
- penny ou cent: 1¢
- nickel: 5¢
- dime 10¢
- quarter 25¢
Tamén hai moedas de 50 ¢ e 1 dólar, pero non se empregan nas transaccións comerciais.
Hai billetes de $1, $5, $10, $20, $50 e $100. Anteriormente tamén houbo billetes de $1.000.
[editar] Orixe do nome
O nome do dólar americano procede da moeda española de oito reais, coñecida como dólar, que circulou amplamente nos Estados Unidos durante a Guerra da independencia americana, á súa vez o español tiña a súa orixe nunha moeda de prata centroeuropea coñecida comoa thaler en Alemaña, daler en Suecia e tolar en Chequia.