Dacar - Dakar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dakar ou Dacar, poboación de 2.079.000 habitantes (2000), é a capital do Senegal, situada no Cabo Verde, na costa Atlántica de África. A súa situación xeográfica no extremo oeste de África resulta vantaxosa para o tráfico marítimo con América e Europa, razón pola cal se desenvolveu alí o maior porto marítimo da rexión.
A cidade de Dakar formouse no contorno dun forte Francés, reemprazando a cidade de San Luis como a capital da colonia francesa do oeste en 1902. Foi a capital da federación Malí entre 1959 e 1960, converténdose despois na capital do Senegal.
Entre os séculos XVI e XIX, Dakar foi o maior centro para o tráfico de escravos cara a toda América. O goberno senegalés restaurou e transformou en museo o forte de Estrées na illa de Gorée, onde levaban os escravos para ser vendidos en poxa e enviados en barco.
Na actualidade Dacar ten os servizos de Universidade, porto, escala aérea, industrias, etc.
Dakar é o punto de chegada do Rally París Dakar que se corre a principios de cada ano.