David Ben-Gurion
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
David Ben-Gurion (Płońsk 1886 – 1973; Hebreo: דָּוִד בֶּן גּוּרִיּוֹן, nome de nacemento: David Gruen) foi primeiro ministro de Israel entre 1948 e 1953 e de novo de 1955 a 1963.
Convertido en Rusia ao sionismo e ao socialismo, en 1906 trasládase a Palestina, en 1915 as autoridades otomanas expulsárono de Palestina polas súas actividades políticas e aséntouse en Nova York, voltou a Palestina cando os británicos a conquistaron.
Ben-Gurion converteuse nun dos líderes do sionismo laborista, cando esta era a tendencia maioritaria no seo da Organización Sionista Mundial. Ben-Gurion foi o arquitecto da Yishuv, que creou un estado xudeu dentro do estado, e da Haganah, a organización paramilitar laborista.