Deftones
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Deftones | |
---|---|
{{{caption}}} |
|
Orixe | Sacramento, California |
País | Estados Unidos |
Período | 1988 - Actualidade |
Xénero(s) | Rock, Nu metal |
Selo(s) discográfico(s) | Warner Music Maverick Records |
Membros | Chino Moreno Stephen Carpenter Abe Cunningham Chi Cheng Frank Delgado |
Antigos membros | |
Web oficial | http://www.deftones.com |
Deftones é unha banda de nu metal de Sacramento, California, considerada coma unha das bandas máis innovadoras de finais do século XX.
Índice |
[editar] Historia
O grupo formouse en Sacramento en 1988 cando os estudantes de secundaria Stephen Carpenter, Abe Cunningham e Chino Moreno empezaron a tocar xuntos. Pronto puideron investir moito diñeiro no grupo xa que Stephen foi atropelado por un condutor bébedo, o que lles proporcionou unha boa cantidade de diñeiro. Entón empezaron a ensaiar en pequenos locais e buscaron un baixista. Logo de probar cuns cantos, atoparon a Chi Cheng. Aínda que o grupo ao principio baseábase moito no heavy metal, a principios dos 90 levaron o seu son un pouco máis lonxe, inspirados en bandas como Duran Duran, Depeche Mode, Bad Brains etc. Unha demo de 4 cancións chamada (Like) Linus, é o único que tiñan antes de asinar coa discográfica de Madonna, Maverick Records. Co productor Terry Date, o cal xa traballara con bandas da talla de Pantera ou Soundgarden, gravaron o debut do cuarteto, Adrenaline, que saíu á venda en outubro de 1995. O disco non foi un éxito inmediato así que a banda fíxose unha base de fans tocando en pequenos locais ou como teloneros de grupos como Ozzy Osbourne, L7 ou Korn. Cando as vendas de Adrenaline estaban chegando ás 200.000 copias os fans xa esperaban o seu segundo disco, Around The Fur, que saíu á venda en outubro de 1997, e que (esta vez si) lles catapultó á fama cos singles "My Own Summer (Shove It)" e "Be Quiet And Drive (Far Away)", ademais a lista de membros do grupo aumentou a 5 coa incorporación do dj Frank Delgado. En xuño de 2000 sae o seu terceiro álbum de estudo, White Pony, que volveu ser un éxito e demostrou que o quinteto non dubidaba á hora de experimentar co seu son. En 2003 sae o seu cuarto disco, Deftones, no que seguiron experimentando, pero quizá non tanto como en White Pony, máis tarde víase unha separación por parte da banda cando alternaban cos seus proxectos paralelos, xa que a influencia que exercían nos integrantes de Deftones non lograban axustarse para unha nova produción. En outubro de 2005 aparece nas tendas o quinto disco titulado B-Sides & Rarities, un disco recopilatorio que inclúe cancións raras e covers de grupos como Sade, Cocteau Twins, The Cure etc., e un DVD con todos os videos do grupo, devandito disco reflectía físicamente a separación temporal da banda.
[editar] Discografía
[editar] Álbumes
Data de lanzamento | Título | Selo discográfico |
1994/1995 | (Like) Linus | |
3 de outubro, 1995 | Adrenaline | Maverick Records / Warner Music |
28 de outubro, 1997 | Around the Fur | Maverick Records / Warner Music |
20 de xuño, 2000 | White Pony | Maverick Records |
20 de maio, 2003 | Deftones | Maverick Records |
4 de outubro, 2005 | B-Sides & Rarities | Rhino Entertainment / Maverick Records |
31 de outubro, 2006 | Saturday Night Wrist | Rhino Entertainment / Maverick Records |
[editar] Singles
Ano | Tema | Álbum |
---|---|---|
1995 | "7 Words" | Adrenaline |
1996 | "Bored" | Adrenaline |
1997 | "My Own Summer (Shove It)" | Around the Fur |
1998 | "Be Quiet and Drive (Far Away)" | Around the Fur |
2000 | "Change (In The House Of Flies)" | White Pony |
2000 | "Back To School" | White Pony |
2001 | "Digital Bath" | White Pony |
2001 | "Street Carp" | White Pony |
2003 | "Minerva" | Deftones |
2003 | "Hexagram" | Deftones |
2006 | "Hole in the Earth" | Saturday Night Wrist |
[editar] Véxase Tamén
Deftones |
Membros |
---|
Chino Moreno - Stephen Carpenter - Abe Cunningham - Chi Cheng - Frank Delgado |
Discografía |
Discos: (Like) Linus - Adrenaline - Around the Fur - White Pony - Deftones - B-Sides & Rarities - Saturday Night Wrist |