Demetrio Bilbatúa Rodríguez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Demetrio Bilbatúa Rodríguez é un cineasta nado en Vigo o 17 de xaneiro de 1935 que desenvolveu case toda a súa carreira profesional en México. Nacionalizouse mexicano en 1970, logo dun incidente na fronteira guatemalteca mentres acompañaba o presidente mexicano Adolfo López Mateos.
Demetrio Bilbatúa Rodríguez naceu nunha familia de socialistas, e durante a guerra fusiláronlle ao pai e a dous tíos. A nai levou o neno cuns familiares que vivían na Coruña, onde pasou os seus primeiros anos de vida e onde aprendeu a ler e escribir na escola Concepción Arenal. Aos nove anos de idade chegou o exilio cara a México, onde forxou un intenso vencello coa cinematografía. En 1954 iníciase no cine mexicano ao carón do seu irmán Ángel e máis adiante asóciase con Agustín Barrios Gómez e funda a empresa 'Producciones Barrios Gómez Bilbatúa'. Nos anos 60 comeza a traballar para Telesistema Mexicano (de Emilio Azcárraga, embrión da posterior Televisa).
Fotógrafo, documentalista, director e produtor, Demetrio Bilbatúa participou en moi diversos proxectos audiovisuais, moitas veces ao servizo do goberno mexicano. Conta con diversos recoñecementos mexicanos e internacionais ao longo da súa traxectoria profesional de máis de 50 anos. A súa bagaxe cinematográfica é inmensa, con máis de 1.000 documentais filmados en 35 mm.
Índice |
[editar] Homenaxes
É membro de honra da Academia Mexicana de Artes y Ciencias Cinematográficas.
O X Festival de Cine de Ourense, Off Cinema, celebrado do 12 ao 19 de novembro de 2005 rendeulle homenaxe aos irmáns Bilbatúa.
[editar] Filmografía
- El triunfo de la razón, 1967
- III informe presidencial del licenciado Gustavo Diaz Ordaz (director e fotógrafo), 1967
- El mar de Cortés, 1967
- Ayer y hoy (fotógrafo), 1968
- Paz y libertad (fotógrafo), 1969
- Plan Chontalpa (produtor e director), 1969
- Alas de México (produtor, director e fotógrafo), 1969
- Ruta de la amistad (fotógrafo), 1970
- Aquí México 1970
- Descubra México: Quintana Roo (director e fotógrafo), 1970
- Desarrollo económico (director e fotógrafo), 1976
- El Valle Sagrado del Urubamba (codirector), 1979. Por este filme recibiu o ariel da Academia mexicana á mellor curtometraxe educativa, científica ou de divulgación artística.
[editar] Libros
- Galicia-México. Imaxe máxica, 2006