Dereito administrativo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
[editar] Concepto
Rama do Dereito que estudia as relacións xurídicas nas que a Administración pública actúa investida da potestade ou autoridade que lle é propia. Quedarían por tanto exentas do dereito administrativo as relacións nas que a Administración actúa como suxeito de dereito privado. {{}}
[editar] Contido
O Dereito Administrativo é o Dereito da Administración, e forma parte do Dereito Público. Trata ou regula entre outras materias:
- Os tipos de administracións e, sobre todo as chamadas admnistracións territoriais: O Estado, a Comunidade Autónoma e a Administración local.
- Os actos e os procedementos administrativos, que son os cauces, trámites o protocolos que están definidos e descritos legalmente, e que deben seguir as administracións na súa actuación. A ausencia do procedemento axeitado pode supoñer a nulidade do acto administrativo.
- O dereito funcionarial, que versa sobre as relacións da Administración cos seus funcionarios
- O dereito urbanístico, que é o que regula a ordenación do territorio
- Propiedades especiais e medio ambiente: augas, montes, costas,
- Moitos aspectos sectoriais: sanitario, obra pública, transporte, xustiza, ...
[editar] Dereito Administrativo galego
O dereito administrativo é un dereito oportunista, que pretende regular a acción administrativa realizada polo goberno, dentro dos cauces da Constitución. Polo tanto, a ao revés do que ocorre co noso dereito civil, non cabe falar dun auténtico dereito administrativo galego máis que desde a aprobación da Constitución de 1978 e a conseguinte aprobación do noso Estatuto de Autonomía de 1981, que, á súa vez, creou as principais institucións políticas galegas: Parlamento de Galicia, Xunta de Galicia.
A Comunidade Autónoma de Galicia, dentro das súas amplas competencias neste eido, define o contido deste Dereito