Dereito internacional privado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Dereito Internacional Privado é aquela rama do Dereito que ten como finalidade dirimir conflitos de xurisdición internacionais; conflitos lei aplicable e os conflitos de execución e determina-la condición xurídica dos estranxeiros.
Esta rama do Dereito analiza casos privados que teñan algún tipo de conexión con dous ou máis Estados, co fin de determinar cal é o que pode coñecer sobre o tema.
Nalgúns países a esta rama do dereito coñecese como Dereito Civil Internacional.
Cabe recalcar que o Dereito internacional privado non soluciona os conflitos, simplemente determina a norma ou lei de que país se debe utilizar na solución de conflitos internacionais, así como o xuíz que resolverá esta controversia.
[editar] Características do Dereito Internacional Privado
- É un Dereito nacional: Cada país dicta as súas propias normas de dereito internacional privado, o cal pode levar a conflitos entre os países.
- É un Dereito positivo: As súas normas atópanse en diversos textos legais, preferentemente nos Códigos Civís. Así a todo, a máis importante das fontes son os tratados en que os países, a través de convencións, determinan a forma de resolve-los conflitos de leis.