Deserto de Libia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Enorme mar de area situado entre o río Nilo e o Fezzan, principalmente explorado na Segunda Guerra Mundial. A pesares de ser coñecido polas súas dunas, tamén tén partes rochosas coma Iebel Uweinat e Gilf Kebir ou o famoso oasis de Kufra. Nas súas areas pereceu o exército do rei persa Cambises (Herodoto fala de ata 50 000 soldados) contra o oasis de Siwa, nos seus límites. Repleto de uadi e serir, atravesaron as súas areas personaxes tan coñecidos coma Laszlo E. Almásy ou Antoine Saint-Éxupery, mentres que os seus habitantes permanentes nos oasis pertencen á tribo dos tebu.